CERVO .- O grupo de teatro O Bordelo de Cervo convoca a segunda edición da certame “EXPRESS-arte” na que ofrece a oportunidade de dar a coñecer o seu traballo “aquelas persoas creativas” ante as “dificultades e das poucas oportunidades que atopan na Mariña”. As persoas e colectivos interesados disporán da súa oportunidade, durante uns 20 minutos, no escenario habilitado na Praza do Souto de Cervo, os días 30 e 31 de xullo e o 1 e 2 de agosto.
Nota de Prensa
O grupo de teatro O Bordelo, coñecedor das dificultades e das poucas oportunidades que atopan na Mariña aquelas personas creativas para dar a coñecer os seus traballos ,decidiu abrir unha pequena ventá chamada EXPRESS-arte que nesta SEGUNDA EDICIÓN se rexirá polas seguintes
BASES:
1.- Poderán participar de xeito individual ou colectivo aquelas personas que desexen amosar o seu traballo artístico-creativo.
2.- O tempo máximo concedido será de 15-20 minutos
3.- As actuacións serán os días 30 e 31 de Xullo e os días 1e 2 de Agosto na Praza do Souto de Cervo, no escenario habilitado para as IX VELADAS NO SOUTO, antes das representacións teatrais establecidas.
4.- Para inscribirse : chamar os teléfonos 600717622 // 686423068 ou escribir un e-mail a: franpigon@gmail.com antes do día 26 de Xullo
5.- Existirá unha comisión encargada de seleccionar os espectáculos.
6.- A organización encárgarase dos preparativos necesarios .