Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defenderá Galiza en Europa na súa condición de periferia

NOTA DE PRENSA
O BNG DEFENDERÁ GALIZA EN EUROPA NA SÚA CONDICIÓN DE PERIFERIA, POÑENDO VOZ NA TOMA DE DECISIÓNS

Fernando Blanco, Parlamentario do BNG, defendeu no mitin de hoxe no Corgo que o BNG será a única forza que garantirá que as decisións que afectan a Galiza sexan tomadas tendo en conta os intereses de galegas e galegos

O carácter de periferia xeográfica e de toma de decisións é para o BNG o motivo que debe levar a defender en Europa os dereitos e intereses da nación galega

Barreiros,3 de Xuño. O parlamentario do BNG pola provincia de Lugo, Fernando Blanco, afirmou no mitin celebrado esta noite no Corgo que o Bloque Nacionalista Galego que o BNG concorre a estas eleccións europeas como a única forza política que garantirá que as decisións importantes para Galiza, como as referidas á agricultura, gandería ou pesca, se tomen tendo en conta os intereses da nación galega. Ademais de Fernando Blanco , Parlamentario por Lugo, interviron no mitin António Veiga, Deputado Provincial do BNG.

O parlamentario nacionalista espuxo en Barreiro as propostas eleitorais que o BNG defende de cara ás eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro 7 de xuño, facendo fincapé en que para que exista proxección da nosa realidade galega no ámbito europeo precísase da representación nacionalista do BNG, qu será clave non só para defender intereses dos nosos sectores produtivos senón tamén para, en asuntos de alcance xeral, contribuír a reforzar maiorías que propugnen maiores avances sociais en Europa.Blanco, reafirmouse no compromiso xa demostrado do BNG a prol dun modelo político que teña en conta as desigualdades sociais e traballe coas miras postas en salvar estas deficiencias estruturais, que afectan sobre todo aos sectores da poboación máis desfavorecidos como boa parte do rural galego, en situación de clara desprotección e esquecemento por parte das institucións en moitos casos.

Fernando Blanco insistiu en que cómpre unha presenza do BNG en Bruxelas para defender os intereses de Galiza. A Unión europea debe porse ao servizo de mellorar o entramado económico dos diversos territorios, non afanarse en destruir sectores produtivos básicos para as economías das nacións europeas, ou mesmo adoptar unha política de “deixar facer” de “liberalizar” a favor de grandes transnacionais e corporacións económicas. De aí que o BNG aposte por un modelo que garanta o desenvolvemento integral de todos os pobos e nacións europeas, para lograr que Galiza se beneficie e aproveite os fondos europeos a través de programas de desenvolvemento local que están en marcha, coma os plans Leader.

Exit mobile version