NOTA DE PRENSA:
ONDE ESTÁN OS CINCO CENTROS DE DIA E A RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE QUE ANTES ERAN IMPRESCINDIBEIS PARA O PP
O PP de Cervo poñía como condición para entrar no Consorcio de Igualdade e Benestar a creación destas instalacións que agora semellan pasar a historia.
E a segunda ocasión que responsábeis de Benestar da Xunta visitan Cervo sen que exista ningún compromiso claro para aumentar equipamentos sociais no concello.
Cervo, 13 de xuño de 2009. O BNG lamentou a perda de ambición tanto do Alcalde, Alfonso Villares, como do Parlamentario, Jose Manuel Balseiro, que se limitan a facerse fotos con responsábeis de Benestar Social do goberno galego sen que se vexan compromisos de ningún tipo para dotar a Cervo de equipamentos sociais que levan moito tempo demandándose e foron boicoteados polo goberno local ao negarse a entrar no Consorcio de Igualdade Benestar posto en marcha pola anterior Vicepresidencia da Xunta.
CERVO NON PRECISA QUE O ALCALDE ANUNCIE OBVIEDADES, SENON COMPROMISOS FIRMES PARA AVANZAR NA DOTACION DE EQUIPAMENTOS SOCIAIS.
Aos veciños e veciñas de Cervo non lles interesa saber que o Alcalde anuncia a existencia duns terreos que sabiamos que existían, para facer isto non era necesaria a visita da Secretaria Xeral de Benestar. O que os cidadáns queren saber e para cando o compromiso dos novos responsábeis de benestar social da Xunta de Galiza para levar adiante algún proxecto real que permita a dotación de equipamentos sociais de acordo coas necesidades dos veciños. Nas dúas visitas ao concello realizadas pola Conselleira de Traballo e Benestar Social e a Secretaria Xeral de Benestar, nin unha nin outra comprometeron ningún tipo de actuación e unicamente se dedicaron a facerse fotos cara a galería.
FOI O GOBERNO LOCAL QUEN BOICOTEOU A DOTACION DUN CENTRO DE DIA EN CERVO AO NEGARSE A ENTRAR NO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR PROMOVIDO POLO ANTERIOR GOBERNO GALEGO
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que o PP antes boicoteaba e criticaba, agora mantense; os cinco centros de día e a residencia para a terceira idade que antes eran imprescindíbeis, segundo o goberno municipal cervense, para adherirse ao modelo impulsado polo anterior goberno galego, agora xa non o son.
Para o BNG e bo facer memoria para evitar malos entendidos, foi unha evidencia ver como en distintas ocasións no nivel local e insistentemente tanto dende a oposición como na propia campaña electoral para as eleccións galegas, o PP reclamaba a anulación do modelo impulsado polo BNG dende o goberno galego que permitiu a moitos concellos con escasa poboación acceder a servizos sociais que pola súa conta serian incapaces de xestionar e que nos últimos anos permitiu ofrecer servizos a mais de 10.000 persoas.