NOTA DE PRENSA
O BNG DENUNCIA A INEXISTENCIA DE ACTUACIÓNS DIRIXIDAS A PREVIR OS INCENDIOS FORESTAIS NO CONCELLO DE CERVO
As limpezas perimetrais de vivendas e empresas executadas nas primaveras de 2007 e 2008 non existen coa chegada do novo goberno
Durante os anos 2007 e 2008 tivo que ser o BNG quen xestionase estes traballos ao negarse o goberno local a sumarse ao convenio ofertado pola consellaría
Cervo, 16 de xuño de 2008. Mentres nos anos 2007 e 2008, a Consellaría do Medio Rural levou adiante unha activa política de prevención de incendios forestais mediante desbroces perimetrais no entorno de vivendas e industrias e a limpeza de camiños forestais, coa chegada do goberno do PP á Xunta, estes traballos nin se fan, nin se prevé que se vaian a facer. A esta parálise hai que sumar que as brigadas reclamadas polo alcalde para limpeza de camiños forestais marcharon do concello sen rematar a limpeza de camiños forestais na parroquia de Rúa afectados polo vendaval Klaus.
ESTE ANO NON ESTÁ PREVISTA NINGUNHA ACTUACIÓN DA CONSELLARIA DO MEDIO RURAL PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS NO ENTORNO DE VIVENDAS
O BNG acusou ao Partido Popular de abandonar as políticas de prevención de incendios forestais no concello de Cervo e no conxunto da comarca da Mariña. Segundo os nacionalistas, mentres en anos anteriores, nestas datas poñíase en marcha un operativo que mediante convenio, permitia aos concellos afrontar a limpeza de entornos de vivendas e industrias, agora o novo goberno galego abandona estas políticas preventivas e nin sequera existen datos sobre si hai intención de facer limpezas nos camiños forestais para garantir un bó acceso ao monte no caso de incendio, algo que o BNG cualificou de moi grave, tendo en conta os destrozos causados polo Klaus.
O GOBERNO LOCAL NUNCA SE QUIXO SUMAR AOS CONVENIOS OFERTADOS POLA CONSELLARIA AO CONTRARIO QUE OUTROS CONCELLOS DA COMARCA
As actuacións preventivas executadas polo anterior goberno galego supoñían axudas para os concellos que rondaban os 40.000 euros e permitian a realización de traballos preventivos sen coste para o veciños. A pesar desta oferta, o goberno local de Cervo, nunca quixo aproveitarse desta oferta como así o fixeron moitos concellos da comarca, ainda así, o BNG xestionou durante as primaveras de 2007 e 2008 a execución destes traballos que permitiron desbroces perimetrais que afectaron a 12 e 17 ha. respectivamente ademais da limpeza de pistas forestais na práctica totalidade das parroquias de Cervo.
AS BRIGADAS RECLAMADAS POLO ALCALDE PARA A LIMPEZA DE PISTAS FORESTAIS AFECTADAS POLO KLAUS ABANDONARON CERVO SEN EXECUTAR A LIMPEZA DOS CAMIÑOS DA PARROQUIA DE RÚA
O BNG denunciou o abandono sen rematar dos traballos de limpeza de pistas forestais anunciados polo Alcalde en días pasados que deixaron á parroquia de Rúa, unha das mais boscosas do concello, sen que se executaran os traballos anunciados. O BNG reclamoulle ao alcalde cervense que poña o mesmo énfase
en denunciar a falta de apoio da administración galega cando é da súa cor política que cando non o era e reclamoulle a esixencia a Medio Rural do mesmo apoio que daba cando o BNG estaba ao frente.