Nota de Prensa
O GMPP afirma que o alcalde nunca tén a culpa de nada.
Aseguran que tampouco asume responsabilidades.
Lémbralle que é a máxima autoridade da Policía Local.
O GMPP criticou hoxe a actitude do alcalde de Burela, porque cada vez que hai un problema el nunca tén a culpa de nada, e non se responsabiliza de nada. Polo tanto, se non tén a culpa de nada, e tampouco se responsabiliza, non sabemos para que o queremos na alcaldía.
O PP explica que no pleno do catro de Xuño preguntou polos horarios das festas dos policías municipais. O alcalde dixo que non era cousa del, senon dos mandos da policía, esquecendo que o máximo responsable da policía local é o propio alcalde.
E o colmo xa é o asunto do homenaxe os náufragos. El dice que non tén culpa de nada, pero responsabiliza á comisión de festas, e por añadidura á Cruz Roja, porque afirma que o acto foi organizado entre a comisión e a Cruz Roja. Pero resulta que na comisión están Nieves Cando e González Legaspi, que son concelleiros, co que o concello está dentro da propia comisión de festas, e o máximo responsable do concello é o alcalde.
O PP asegura que en toda a província só hai un alcalde que nunca tén a culpa de nada, que non se responsabiliza de nada, e que sempre mira para outro lado e di que si a todo: o de Burela, que por actuar así, cobra corenta e cinco mil euros ó ano.
En Burela,a dezasete de Xuño de dous mil nove.