Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo “intermedia ante Industria e Begasa” debido a que vivendas habitadas teñen luz de obra

CERVO .- o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, está a intermediar ante a Consellería de Economía e Industria e Begasa para buscar unha solución á problemática que afecta a máis de medio centenar de veciños de San Ciprián na Rúa da Cruz, número 7 e Jardines del Mar, fase 3 que, pese a que levan facendo uso das súas vivendas durante meses, aínda teñen luz de obra.

Nota de Prensa

Alfonso Villares logrou o compromiso do director xeral de Industria e de responsables da empresa subministradora para buscar unha solución que poida garantir un subministro eléctrico individual e de calidade aos veciños destes edificios

O ALCALDE INTERMEDIA ANTE INDUSTRIA E BEGASA CO OBXECTO ATOPAR UNHA SOLUCIÓN PARA OS VECIÑOS DE VARIOS EDIFICIOS DE SAN CIPRIÁN QUE CONTINÚAN CON LUZ DE OBRA

* A problemática vén arrastrándose desde fai tempo pola dificultade das empresas promotoras de asumir o alto custe da traída das liñas de alta tensión.

* Pese a que os anteriores responsables de Industrial eran coñecedores desta cuestión fixeron nada. Villares espera que pronto poida acadarse unha solución de consenso entre a nova Xunta, as promotoras e Begasa.

Cervo, 30 de xuño de 2009.- O Alcalde de Cervo Alfonso Villares está a intermediar ante a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a empresa subministradora de electricidade BEGASA co obxecto de buscar unha solución á problemática na que están a verse inmersos máis de medio centenar de veciños de varios edificios sitos na localidade de San Ciprián (Rúa da Cruz, número 7, Jardines del Mar, fase 3) que, pese a que levan facendo uso das súas vivendas durante meses, aínda teñen luz de obra.

O primeiro edil de Cervo falou esta mesma mañá co director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, para propiciar unha xuntanza entre responsables deste departamento autonómico e os da empresa BEGASA co obxecto de buscar así unha solución urxente a situación actual “de tal xeito que poida garantirse o subministro eléctrico individual e de calidade a cada un destes veciños”.

Segundo explicou o Alcalde a devandita problemática vén arrastrándose no tempo despois de que, advertidos desta situación, os anteriores responsables da Consellería de Industria non ofreceran ningún tipo de solución efectiva a estes veciños. Alfonso Villares explicou que os problemas xurdiron pola dificultade que teñen as empresas promotoras dos edificios afectados á hora de asumir o alto custe de trasladar as liñas de alta tensión necesarias para garantir o subministro.

O Alcalde amosou o seu convencemento de que será posible acordar unha solución axeitada para esta cuestión, grazas a implicación de todas as partes afectadas e comprometeu a súa máxima disposición para mediar ante as distintas administracións, empresa de electricidade, promotora e veciños.

Exit mobile version