Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano anuncia a colaboración do Concello cos centros de FP para formación do alumnado

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, indicou que asistiu nas últimas horas como representación institucional ó IES Perdouro para apoiar a formación nos centros de traballo, “a vinculación que ten a FP coas empresas e tentar implicalas na formación dos alumnos. É de vital importancia ese apoio empresarial ós estudiantes para a realización desa materia que é obrigatoria tanto no grao medio como no superior”.
O alcalde agradece a presencia dos empresarios nese encontro “pola súa colaboración e temos que ter en conta que eses alumnos serán aproveitados polos empresarios que colocarán a esta xente nos centros de traballo. Dicir tamén que a nivel institucional nós apoiaremos estas iniciativas, colaboraremos para a inserción laboral coas empresas, colaboración total e absoluta entre os centros educativos e os centros de traballo. É importante favorecer a formación dos alumnos e para iso imos poñer todo o noso empeño e interese”.

Exit mobile version