Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela desconforme coas axudas da Xunta para contratar persoal no verán

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, quéixase da merma que sofriron as axudas concedidas pola Xunta a través dos plans de cooperación local. O rexedor asegura que “nós este ano solicitamos 56 traballadores para xardinería, para obras, turismo, para o barco museo, para limpeza das praias, socorristas e para o grupo municipal de intervención rápida. E non estamos contentos co que nos acaban de conceder. Cando no pleno da semana pasada presentamos unha moción sobre este asunto existía preocupación polo que estaba a ocurrir, porque o ano pasado a mediados de maio xa sabíamos os efectivos cos que contaríamos e no caso do GMIR os contratos o ano pasado tiñan unha duración de seis meses e agora só veñen para seis meses e medio”.
Alfredo Llano considera que “se devaluou, que se baixou a axuda destiñada aos concellos. Son axudas moi importantes para favorecer a creación de emprego e agora estánse reducindo dalgunha maneira. A Burela só lle concederon 10 socorristas e 12 persoas para o GMIR cando nós pedimos moito máis… solicitamos limpiadores para as praias e cremos que imos recibir cero patarero, pedimos 6 xardiñeiros e non nos van dar ningún e outro persoal que agora mesmo si houbese intencionalidade de crear emprego xa estarían confirmados e polo que sabemos só imos contar con esas 22 persoas este ano”. O alcalde engade que “polo tanto a nosa moción estaba perfectamente xustificada no pleno da pasada semana. O PP si realmente quere convencer pois que conceda os postos demandados e que non merme as solicitudes plantexadas polos concellos”.
Festas de San Antonio
Por outra banda, Alfredo Llano, fai unha chamada á participación nas festas de San Antonio que se celebrarán o vindeiro sábado 13 de xuño no recinto da Casa da Xuventude. A partires das 12:00 haberá misa seguida de procesión e despois a actuación do grupo Kaoma. O rexedor sinala que “se trata dunha cita tamén coa tortilla porque as familias elaboran este exquisito manxar e despois degústano aproveitando a festa”.

Exit mobile version