Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela contento co desenvolvemento das festas patronais

BURELA (FNC) .- O alcalde, Alfredo Llano, valora de xeito moi positivo a participación dos veciños de Burela en todos os actos da festas patronais que remataron onte. Llano sinala que “foron unhas excelentes festas, porque o tempo acompañou á perfección, como si estivese así posto no guión. O sábado tivemos unha lucida alfombra floral, desconfiábamos un pouco do tempo, pero a fé move montañas e tiramos para adiante e tivemos unha das mellores alfombras florais de Galicia”. O rexedor segue a contar que “houbo unha procesión excelente, de moita participación, incrible ver a cantidade de xente que ven a participar fervorosamente nesta cita e o domingo tamén pola mañá tivemos unha boa procesión marítima, ainda que non houbo unha participación masiva de barcos, pero o tempo tamén nos deu unha tregua”.
Alfredo Llano felicita ós veciños “pola súa participación en todos os actos, pola súa boa convivencia e por achegarse tamén ás citas musicais. Estas festas deben ser unha motivación para seguir adiante. Foron merecidas para todos os veciños e son un referente claro non só na comarca da Mariña, senón tamén en Galicia. O peor foi o accidente de onte que lamentamos, pero polo demáis todo foi perfecto”.

Exit mobile version