Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xuntanza para as festas de Ribadeo

O alcalde de Ribadeo anima a asistir a xuntanza do mércores as persoas “interesadas en organizar as festas de Ribadeo e que non puideron facelo nos encontros pasados”. Na pasada reunión participaron unha ducia de veciños. A cita serviu para explicarlles a situación económica na que se atopan os festexos que chegaron a acadar un déficit nos últimos anos de máis de 40.000 euros, unha cifra que agora se atopa situada nos preto de 4.000. Fernando Suárez, indicou que agradécelles “persoalmente a súa participación neste encontro”

Exit mobile version