Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de A Mariña deben desprazarse a Lugo para tramitar solicitudes de dependencia que facían en Burela

Neves Cando, tenete de alcalde do Concello de Burela

A MARIÑA (FNC) .- A primeira tenente de alcalde do Concello de Burela, Neves Cando, asegurou que agora veciños de A Mariña deben desplazarse a Lugo para seren avaliadas e tramitar solicitudes de dependencia. Según indicou a nacionalista Neves Cando,  concelleira de Benestar Social do Concello de Burela,  “no Concello de Burela estamos a recibir queixas e así o queremos denunciar publicamente de persoas de Burela que se ven obrigadas a desprazarse a Lugo para ser avaliadas e tramitar a súa solicitude de dependencia”. A edil nacionalista sinala que “ata a entrada no goberno da Xunta do PP había unha profesional que atendía na residencia de maiores de Burela que se encargaba de realizar todos estes trámites para a valoración da dependencia, e agora non se lle renovou o contrato e os veciños de Burela e doutros concellos da Mariña vénse obrigados a trasladarse a Lugo para realizar esta valoración, co que produce trastornos e molestias para esta xente xa de por si delicada no seu estado de saúde”.

Cando cre que “esta é unha situación moi preocupante e moi grave porque obriga a moita xente a desprazarse máis de 100 quilómetros, cando antes estes trámites se facían na residencia de maiores aquí en Burela. Queremos saber a qué se debe a perda deste servizo básico na Mariña, que ten que dicir a isto o PP que é responsable deste asunto ou si é unha desas medidas de austeridade que tanto anunciou o señor Núñez Feijóo. Queremos que o PP lle explique á xente da Mariña que ten que desprazarse a Lugo para tramitar a súa valoración de dependencia porqué non pode facer aquí en Burela como se facía antes”. A responsable de Benestar Social engade que “para aclarar todos estes aspectos o BNG ven de presentar unha serie de preguntas no Parlamento galego para que se dea unha explicación clara desta situación que está obrigando aos mariñáns a desprazarse a Lugo a facer algo que hai tres meses se podía facer aquí en Burela”.

Exit mobile version