Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra preocupación o PP de Burela polos contratos dos socorristas para as praias

NOTA DE PRENSA

O GMPP de Burela afirma que o alcalde e Cando tardaron unha semana en abrir a contratación dos socorristas.
Acusa ó bigoberno de ineficaz e “tardón” por estar ainda sen socorristas.
Os populares aseguran que a semana pasada o alcalde dixo que non sabía nada das contratacións.

O GMPP de Burela considera que o alcalde e Nieves Cando non son serios nas súas tarefas de “desgoberno” e que por riba tentan enganar os cidadáns, como se demostrou cos socorristas e co persoal do GRUMIR.
Os populares aseguran que a comunicación da Xunta chegou por fax ó concello o venres, día cinco de Xuño, xusto o día despois de que o alcalde e Nieves Cando defendesen pedirlle urxencia á Xunta para comunicar a resolución deses traballadores. A xustificación do alcalde e de Cando foi que había que contar cos socorristas o día quince, porque é o día que comenza a temporada oficial de praias. Pero resulta que a petición ó INEM fíxose xustamente unha semana despois, o venres día doce, co que a día de hoxe, e xa estamos a dezasete, a contratación ainda non se fixo e polo tanto estamos sen socorristas, e tamén estamos sen GRUMIR.
Os populares non entenden a que viña tanta presa, se agora se vai con tanto retraso. Esto demostra que temos un bigoberno ineficaz e tardón. En cambio, outros concellos, coma Xove, que tamén recibiron a comunicación o día cinco, xa teñen os socorristas traballando.
Polo tanto, o alcalde e Nieves Cando deben dar explicacións, porque tentaron facer unha xogada política, de ataque á Xunta, e de cara á galeria, e agora resulta que gracias ó “gran traballo” desplegado polo alcalde e Nieves Cando nin temos socorristas nas praias nin temos GRUMIR a día de hoxe, terceiro día de campaña “Bandeira Azul”. O lóxico sería comunicarlle xa o mesmo día cinco ó INEM a apertura do proceso de contratación do persoal e non agardar unha semana, porque, que é o que fixeron nesa semana? Traballar, desde logo, non. E por riba, persoas que acudiron ó concello a semana pasada a enterarse das contratacións se lles dixo, por parte do propio alcalde, que ainda non se sabía nada, co que estaba mentindo a sabendas de que mentía

Exit mobile version