Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra satisfacción o PP de Burela co premio Blanco Amor

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela, satisfeito co Blanco Amor en Burela.

O popular Luis Pedre lembra que Burela sempre foi pioneira en bandeiras azuis e en ecobibliotecas.

Pedre pide que non se repita o retraso do ano pasado e se axilice a limpeza e adecuación das praias.

O GMPP de Burela, a través dunha nota de prensa do seu concelleiro Luis Miguel Pedre, manifestou hoxe que foi unha satisfacción que o Blanco Amor se organizase en Burela na edición do presente ano, porque é un certame de prestixio dentro da literatura galega. Pedre considerou tamén que a organización foi correcta, e lembrou que o Concello de Burela entrou dentro do circuito dos concellos que patrocinan o premio en 2007, ano no que organizou o certame Blanco Amor o concello de Cedeira, e gobernando Burela o Partido Popular.

Igualmente, Luis Pedre valorou positivamente a concesión das bandeiras azuis. Pedre indicou que Burela foi pioneira sempre nesta matéria, porque a primeira vez que se concedeu unha bandeira azul para un barco foi precisamente para o barco museo “Reina Del Carmen”. Asimismo, lembrou que a Aula de Educación Ambiental GAIA foi posta en marcha polo goberno municipal do PP, e que no seu día recibir a bandeira azul fora todo un acontecemento. Pedre tamén destacou que a primeira vez que se pediu a bandeira azul para Ril foi en Xaneiro de 2007, e que se fixera como sondeo para ver os puntos fortes e débiles da praia desde a óptica de ADEAC.

Os populares consideran que o mérito das bandeira azuis está na cidadanía. E atendendo á cidadanía, Luis Pedre considera que o retraso na adecuación e limpeza das praias que se produxo o ano pasado non debe darse no presente, porque a imaxe que se deu foi mui mala, sen previsións e sen ningunha coordenación.

Ademais, Luis Pedre afirmou que as praias de A Marosa e Portelo contaron con ecobibliotecas desde 1999, polo que o anuncio do biogoberno de poñer bibliotecas nas praias debería considerarse coma unha millora do servicio que se prestaba, que por certo en 2008 non houbo, pero nunca como a posta en marcha de algo que funcionou e que permitiu que as dúas praias indicadas foran das primeiras en contar con ese servicio xa non na Mariña, xunto com Foz, senón en toda Galicia.

Os populares rematan decindo que as cousas que fixo o PP hai que recoñecelas e non tratar de esquecelas, como fai o bigoberno burelés.

Exit mobile version