Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do PP de Viveiro para mellorar as paradas do transporte escolar

NOTA DE PRENSA
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA (PPdeG) no Concello de Viveiro a través do seu portavoz D. GUILLERMO LEAL ARIAS en base á lexislación vixente, presenta a seguinte:

MOCIÓN

As normas de carga e descarga de transporte escolar reguladas polo Real Decreto 443/2001 de 27 de abril, indican as responsabilidades dos transportistas, dos centros onde se escolarizan os menores e dos donos das vías públicas, da sinalización e dos controis de velocidade nas mesmas.

Na avenida de Martín Ledesma, onde deben parar os autobuses de transporte escolar dos institutos, existe un tramo de vía que vai dende a rotonda ata o paseo marítimo que non cumpre as normas debidas e te nun gran risco de que nela se produza un accidente escolar, polas seguintes razóns:

Sobre beirarrúa baixan cada día cerca de mil alumnos, esta beirarrúa estreita para o tránsito normal, ten que soportar ademais este grupo de alumnos nun curto espazo de tempo, sen espazo suficiente. Existe un risco latente de accidente, pois ao ser tan estreita os alumnos invaden a estrada e poden ser atropelados polos vehículos.

Aínda máis grave é o caso do estreito da calada que xa sendo estreita para dobre sentido de circulación de vehículos, non poden pasar durante os tempos de espera dos autobuses de transporte, na que pode haber ata dez autobuses estacionados ao longo desta vía. Como non está sinalizada para este fin, algúns vehículos particulares estacionan neste horario polo que alonga máis o espazo necesario para os autobuses escolares, que teñen que buscarse sitio lonxe da saída dos alumnos e polo tanto aumenta o risco.

Vista esta múltiple situación de risco e considerando que a poboación escolar debe de ser prioritaria á hora de realizar obras públicas de mellora, propoñemos:

Ampliación do ancho desta vía cun carril específico ao longo da mesma para que nel se estacionen os autobuses de transporte escolar e se permita a libre circulación de vehículos pola calzada. Así mesmo, realizar unha ampliación do ancho da beirarrúa.

Sinalización deste tramo vertical e horizontal, con limite de velocidade, paso de peóns e demais distintivos, segundo a normativa urbanística do Concello

Exit mobile version