Site icon Crónica3.com A Mariña

Interesase o PP de Burela polo programa do goberno municipal nos próximos dous anos

NOTA DA ROLDA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O GMPP de Burela pídelle ó bigoberno que explique ós cidadáns cal será o seu programa nos próximos dous anos.
Consideran que existe ocultismo no desenvolvemento do pacto.
Os populares consideran que o labor do alcalde é igual a cero.

O GMPP de Burela considera que a situación de parálise que vive o concello, con ausencia absoluta de proxectos por parte do bigoberno, obriga ó bigoberno, especialmente ó alcalde e a Nieves Cando, a explicar publicamente o desenvolvemento do pacto de goberno destes dous últimos anos, de xeito que quede reflexado de cara á opinión pùblica que compromisos se cumpliron, en que grao de execución están outros, e cales son as actuacións que o bigoberno prevé levar a cabo nos vindeiros dous anos.
Para o PP, non hai un programa de goberno único compartido polos dous partidos. PSOE e BNG concurriron ás eleccións municipais con programas distintos, e logo conformaron un pacto de goberno co único fin de desprazar ó PP, forza política máis votada, do goberno municipal.
Pero se dá a circunstancia que o indicado pacto indica que se fará unha revisión anual do mesmo. Pois ben, o ano pasado por estas datas debería terse revisado ese pacto, e dalo a coñecer á cidadanía. Non se fixo. Pero é que este ano estamos á metade do mandato municipal, non hai proxectos nin nos consta que os haxa no futuro, e tampouco se sabe cal é o grao de “satisfacción” dos asinantes con respecto ó propio pacto.
Todo esto tén unha conclusión: o pacto do bigoberno está oculto, non se coñece o seu grao de cumplimento, co que se está provocando desinformación na cidadanía, que tén dereito a coñecer a realidade do indicado pacto, porque o sofre, para ben ou para mal.
Ademais, o PP denuncia que existe unha total descoordinacion entre o bigoberno: o alcalde tén problemas dentro do seu grupo; as relacións entre o alcalde e Nieves Cando son mui tensas; Legaspi vai á súa bola e mira polos seus intereses (agora descubre as bondades do Barco Museo e da Zona Xeolóxica…); Remedios López xa “solucionou” parte da súa vida; Sonia Fraga ni está ni se le espera; Domenech pasa máis tempo no concello ca no hospital, pero non mira unha soa obra e ainda non tén socorristas, e Lucía Bouza tén parada a Axenda 21 e xa veremos se volve a meter os cans nas praias.
Polo tanto, o GMPP reclama que se faiga público o balance e as expectativas do pacto de goberno.
Por outra banda, o GMPP de Burela denunciou hoxe que o alcalde tén unha tendencia natural a desvirtuar as cousas, próxima á mentira: dixo que o luns fora a Santiago a unha reunión da Executiva da FEGAMP, pero eso é mentira, porque el é membro do Consello Federal, pero non da Executiva da FEGAMP, e o que se reuniu foi o Consello Federal. Por riba, de repente sente preocupación pola financiación dos concellos: o que fixo foi coller a información que a propia FEGAMP lle pasou ós asistentes e reproducila.

Exit mobile version