O VALADOURO .- Os locais hostaleiros da vila de Ferreira de O Valadouro uníronse para realizar este sábado “Xornada do chipirón en O Valadouro”. Os doce locais hostaleiros van a repartir entre todos os asistentes ata dúas tapas diferentes e de xeito totalmente gratuíto, só polo custe dunha mínima consumición. A organización asegura que “deste xeito podermos saborear chipiróns ó tio pepe ou con gula, en moitas e distintos tipos de salsa, …ou ao mellor en empanada, pero quen sabe,… mellor vir ata o Valadouro e probar as distintas variedades de chipirón que nos van a ofertar os 12 locais hostaleiros de Valadouro”.
Os locales participantes: bar O Colorao, Casa da Cultura, Bar Asturias, Bar Venezuela, bar Venezuela, Bar O Curruncho, Confeitería Méndez, Hotel Vila do Val, Parrillada Balsa, Hostal O Novo, Bar Nardo e o bar O Atallo.