A sala de exposición do Centro Cultura e de Servizos á Cidadanía de Cervo acolle, a partir de martes, a exposición colectiva de gravados “Incisións”. Poderá visitarse de 11 a 14 horas e de 17 a 20 na sala de exposición deste edificio contiguo ao Concello de Cervo.Con esta nova exposición remata a mostra dedicada a Ramón Piñeiro, persoeiro homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas.