A edil de Mar, Remedios López Villar, lembra que “para acceder ó curso de socorrismo acuático de 80 horas de duración era preciso ter esta titulación de primeiros auxilios e pasar unha proba que se lles fixo na piscina municipal de San Cibro de coñecementos mínimos de natación e mergullo, proba que solo lograron superar 10 participantes”. Mañá martes poderémolos ver facer prácticas na praia do Portelo en Burela en horario de 17 a 22 horas, que se combinarán con horas de piscina, para ó final conseguir un título homologado de socorrista acuático e poder traballar nas praias ou piscinas, “véndose recompensado na época estival cunha fonte de ingresos”, explica López Villar.
Remedios López destaca que este curso custa 250€ por persoa pero a súa delegación subvenciona ós empadroados en Burela que só terán que pagar 50€.