BURELA .- O martes, 23 de xuño, ás doce e media da mañá, terá lugar na Biblioteca do I.E.S. Perdouro o acto de clausura dos Primeiros Encontros de Banda Deseñada na Mariña coa presenza do recoñecido ilustrador e debuxante Miguelanxo Prado, membro da Academia Galega de Belas Artes. O director de Centro, Juan Sama, e a edil de cultura do Concello de Burela Neves Cando farán a entrega dos premios e dos diplomas aos gañadores.