Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios aos gañadores do II Certame de Relato Curto do Mar en Burela

BURELA (FNC) .- O salón de plenos do Concello de Burela acollerá mañá sábado ás 12:00 horas o acto de entrega dos premios ós gañadores do II Certame de Relato Curto do Mar que organizaron as Delegacións de Educación e Mar. O xurado do que formaron parte catro profesores dos distintos centros de ensino (Monte Castelo, Perdouro, Virxe do Carme e Vista Alegre) e as concelleiras Lucía Bouza e Remedios López decidiu deixar deserto o premio do primeiro ciclo de primaria. O do segundo ciclo correspondéulle a AIDA MASIDE GIL, de 9 anos do CEIP Vista Alegre; o premio do terceiro ciclo foi para VANESA DAYAN LLECHA, de 12 anos do CEIP Vista Alegre e o premio da ESO foi para LAURA LÓPEZ GALDO, de 14 anos do IES Perdouro.

A edil de Mar, Remedios López Villar, asegura que “os gañadores recibirán no acto de mañá unha táboa de bodyboard e todos os participantes terán tamén un agasallo. Ademais entre os asistentes á entrega de premios sortearase unha consola e a táboa de bodyboard do ciclo que quedou deserto”.

Aprazado o curso de surf

Por outra banda quedou aprazado, ata novo aviso, o curso de surf que se ía impartir hoxe e mañá en Burela “debido ó estado do mar que está coma un prato e non serve para enseñarles ós rapaces como se collen as ondas, entre outras cousas”, apunta López Villar. A túa primeira onda foi organizado polo Concello de Burela e o Clube de Surf Hola Ola de Ribadeo e conta coa colaboración da Diputación Provincial de Lugo e da Federación Galega de Surf.

Hai 100 rapaces inscritos para participar no curso que serán informados desde o Concello da data elixida para a súa celebración.

Exit mobile version