A MARIÑA .- O sindicato nacinalista CIG organiza a través da FORGA unha serie de cursos destnados a traballadores en activo da Mariña. Os cursos desenvolveranse nos locais de Viviero e Burela, durante os meses de xuño e xullo e están relacionados coa atención á persoas dependentes e limpeza hospitalaria.
NOTA DE PRENSA
Desde FORGA-C.I.G. A Mariña imos impartir nas próximas datas varios cursos de formación continua destinados a traballadores/as en activo. A relación de cursos é a seguinte:
CURSO: LIMPEZA HOSPITALARIA (Sector Servizos)
Lugar: FORGA Burela
Data Inicio: 15 Xuño de 2009 – Data de Remate: 30 Xuño 2009
Horario: De Luns a Xoves, de 20:00 a 22:30 horas.
CURSO: ERGONOMIA, MOBILIZACIÓN E TRASLADO DE DOENTES (Sector Servizos)
Lugar: CIG Viveiro
Data de Inicio: 12 de Xuño de 2009 – Data de Remate: 4 de Xullo de 2009
Horario: Sábados de 09:00 a 14:30h.
CURSO: AUXILIAR DE ENFERMERÍA XERIATRICA ( INTERSECTORIAL )
Lugar: FORGA Burela
Data Inicio: 12 Xuño de 2009 -Data de Remate: 04 Xullo 2009
Horario: Venres, de 20:00 a 22:30h. e sábados de 09:00 a 14:30h.
Nos cursos de “Limpeza Hospitalaria” e no de “Ergonomia, mobilización e traslado de doentes” poden participar traballadores e traballadoras do sector servizos mentres que no curso de auxiliar de enfermería xeriatrica poden facelo todos os/as traballadore/as da empresa privada.
Para pedir información e inscribirse nos cursos podese facer nos loacais da CIG da comaraca e nos teléfonos 982581861