Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso da AEDL de Cervo sobre axudas a pequenas e medianas empresas

CERVO .- Empresarios e traballadores autónomos de Cervo teñen a oportunidade de actualizar os seus coñecementos sobre as liñas de financiamento que as distintas administracións ofrecen para superar a actual conxuntura económica de crise. A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) organiza un curso sobre axudas para pequenas e medianas empresas que será impartido por técnicos especialistas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e cuxa participación é totalmente gratuíta grazas a colaboración da Xunta de Galicia.

Toda vez que se logre o número mínimo de inscricións, as clases darán inicio, nun horario compatible coa actividade profesional dos futuros alumnos e caracterizadas por unha metodoloxía eminentemente práctica, xa que servirán para resolver moitas das dúbidas dos empresarios á hora de solicitar as diferentes axudas. Entre outros temas se estudarán: as fórmulas para obter liquidez, as ampliacións de capital das sociedades e o refinanciamento de pasivos, así como calquera outra cuestión de interese segundo o perfil das PEMES que asistan ao curso.

Os interesados teñen que facer efectiva a súa prescrición nas dependencias municipais da Casa da Cultura de San Cibrao ou no Concello de Cervo. Ofrecen máis información ao respecto desta acción formativa na Axencia de Desenvolvemento Local, chamando ao teléfono 982.55.77.77.

Exit mobile version