Site icon Crónica3.com A Mariña

Cupeiro pide desculpas polas molestias aos veciños polo lavado dos colectores do lixo en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide disculpas polas molestias que lles poida causar aos veciños o lavado dos contedores que se está a facer estes días. Cupeiro tamén alude ás críticas verquidas por UPRI “parece que o Sr.Rivas sempre ten algo que dicir , xa que polo visto o lavado dos contedores molla as rúas. Eu creo que cando se actúa nas beirarrúas sempre se pode causar algunha molestia polo que pido desculpas, pero os contedores a verdade é que parecen outros. En canto á sospeita de que Urbaser nos deixe o camión lavacolectores, creo si de alguén hai que sospeitar posiblemente sexa del polas cousas que un escoita pola rúa sobre a súa vida e obra. Creo que xa lle dixen nalgunha ocasión que da aptitude con p pouco ía aprender e sobre a actitude con c que non quería aprender nada”.

O edil nacionalista engade que “sobre o camión lavacoletores comunitario era unha ruína e o Concello estaba a pagar a reparación para que despois outros concellos se beneficiaran das reparacións que asumíamos nós, e non estamos dispostos a pagar averías para que outros se beneficien”.

Exit mobile version