NOTA DE PRENSA
CRISTIAN RODRÍGUEZ, DO CLUB DE BOLOS XOVE, NOVO CAMPIÓN GALEGO CATEGORÍA CADETE
O pasado domingo 21 de xuño, no Campo de Camos no Concello de Nigrán en Pontevedra, o xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodríguez Baño conseguiu proclamarse CAMPIÓN GALEGO DE BOLOS EN CATEGORÍA CADETE, nunha dura pugna cos mellores xogadores de Galicia da súa categoría. Trátase dun xove xogador que leva xa uns cantos anos participando regularmente na Liga de Bolos Sub 18 do Concello de Xove, polo que non é ningunha sorpresa este título, dado que, a pesarres da súa xuventude, trátase dun gran xogador cunha excelente proxección de futuro. Cristian Rodríguez é fillo de Carlos Javier Rodríguez, un dos grandes animadores do campionato municipal nos últimos 20 anos.
Do nivel acadado polos nosos xogadores témolo en que Cristian Rodríguez non estivo só no podium galego de bolos cadetes, senón que foi acompañado por Oscar Meitín que ocupou unha máis que meritoria terceira posición.
A cuarta posición do Campionato Galego Cadete ocupouna un xogador do Club Cruceiro de Meilán, que citamos aquí porque, inda que non é de Xove, si participa na nosa Liga Municipal.
Polo tanto, non nos queda máis que felicitar a estes xogadores, e alegrarnos porque sabemos que nos van dar moitas alegrías no futuro.