NOTA DE PRENSA:
A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE CERRAR O CEIP RIVERA CASÁS ÁS AGACHADAS
Despois de todo o acontecido estes últimos anos coa remodelación educativa en San Cibrao, a Consellaría de Educación do P. P. pretende agora, sen informar ás familias nin ao centro educativo, que o próximo curso non funcione o CEIP Rivera Casás.
A CIG-Ensino tivo coñecemento desta situación porque na información que se nos pasou aos sindicatos na negociación dos criterios de agrupamentos de alumnado aparecía o CEIP Rivera Casás sen alumnado para o curso que vén. Non hai ningunha outra información oficial, só rumores.
Desde a CIG-Ensino criticamos duramente este obscurantismo no funcionamento da Consellaría de Educación, modificando a rede escolar sen consultar nin informar previamente á comunidade escolar nin aos seu representantes legais, poñendo ás direccións dos centros, ao profesorado e, por suposto, ás familias nunha situación moi complicada, sen poder planificar adecuadamente o curso que vén. Así mesmo, consideramos unha falta de respecto á toda a comunidade educativa este proceder da Consellaría de Educación, e demandamos un cambio de actitude.