CERVO .- O sindicato CIG-Ensino afirma que a Consellería de Educación pretende pechar definitivamente o colexio Rivera Casás de San Cibrao, sen informar ás familias nin ao centro educativo. Aínda que non existe ningún tipo de información oficial, na negociación da Consellería cos sindicatos para os criterios de agrupamentos de alumnos o CEIP Rivera Casas aparece sen alumnado para o próximo curso.
NOTA DE PRENSA:
A CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE CERRAR O CEIP RIVERA CASÁS ÁS AGACHADAS
Despois de todo o acontecido estes últimos anos coa remodelación educativa en San Cibrao, a Consellaría de Educación do P. P. pretende agora, sen informar ás familias nin ao centro educativo, que o próximo curso non funcione o CEIP Rivera Casás.
A CIG-Ensino tivo coñecemento desta situación porque na información que se nos pasou aos sindicatos na negociación dos criterios de agrupamentos de alumnado aparecía o CEIP Rivera Casás sen alumnado para o curso que vén. Non hai ningunha outra información oficial, só rumores.
Desde a CIG-Ensino criticamos duramente este obscurantismo no funcionamento da Consellaría de Educación, modificando a rede escolar sen consultar nin informar previamente á comunidade escolar nin aos seu representantes legais, poñendo ás direccións dos centros, ao profesorado e, por suposto, ás familias nunha situación moi complicada, sen poder planificar adecuadamente o curso que vén. Así mesmo, consideramos unha falta de respecto á toda a comunidade educativa este proceder da Consellaría de Educación, e demandamos un cambio de actitude.