BARREIROS .- Alumnos do colexio público de Boimorto visitaron a exposición permanente que o creador barreirense Celso Dourado ten nas inmediacións da praia da Pasadas. As visitas que están realizando centros escolares a exposición son o paso previo a inauguración oficial prevista para o 27 de xuño.
NOTA DE PRENSA
ESTUDIANTES DE LOURENZÁ E DE BOIMORTO VISITAN ESTES DÍAS A EXPOSICIÓN PERMANENTE DO ARTISTA BARREIRENSE CELSO DOURADO A POUCOS DÍAS DA SÚA INAUGURACIÓN OFICIAL.
Barreiros, 3 de xuño de 2009. Estudiantes de Lourenzá e de Boimorte visitan estes días a exposición permanente do artista barreirense Celso Dourado a poucos días da súa inauguración e apertura oficial. Dourado sinala que “neste período onde os nenos están a rematar o curso hai unha insistencia por saír dos centros e por coñecer historias novas e un tanto didácticas. A semana pasada recibín a visita do colexio público de Vilanova de Lourenzá que están facendo un traballo sobre a miña pintura e que van presentar a un concurso. E este xoves 4 de xuño vai vir o colexio público de Boimorto. Unha parte deste centro xa estivo o ano pasado e agora veñen outros alumnos a coñecer a obra in situ, e realmente cólleme por sorpresa porque ainda non está aberto este espazo expositivo que inauguraremos a finais deste mes”.
Celso Dourado amósase sorprendido polas visitas “estou rexeitando peticións porque ainda non está aberto. Nestes casos non me puiden resistir porque, como dixen, o colexio de Boimorto repite visita e aos de Vilanova de Lourenzá tampouco lles podía dicir que non, porque están a realizar ese traballo sobre a miña pintura. Ainda estou co remate e coas obras, pero abro un pouco para que os nenos poidan visitar este espazo”.
O artista barreirense engade que “agora estamos ultimando os traballos de organización interna para abrir esta exposición permanente o vindeiro 27 de xuño. O acto estará dividido en dúas partes. Haberá unha presentación a partires das oito da tarde que estará conducida pola actriz Comba Campoy e contaremos coa presenza de representantes das institucións, a directora do Museo Provincial de Lugo, etc… e despois haberá unha segunda parte, porque quero que o acto sexa o máis lúdico posible e vánse reunir uns catro ou cinco grupo musicais procedentes de Brasil, Holanda, Alemaña, Bielorrusia ademáis de Miro Casavella. Esta parte do acto contará coa presenza de Xurxo Souto”.