Site icon Crónica3.com A Mariña

A conselleira de Pesca asegura que calquera punto da costa estará a 25 minutos dun helicóptero

SANTIAGO .- Calquera punto da costa estará a 25 minutos dun helicóptero de Salvamento da Xunta según anunciou a responsable de Pesca, Rosa Quintana. Os tempos resposta que se alcanzarán en Galicia serán “a metade dos que por exemplo, se alcanzan en Inglaterra, onde o Servicio de Salvamento Marítimo está considerado un dos mellores de Europa”.

Referencia

O modelo de salvamento da Xunta estará á cabeza da Europa Atlántica en canto a capacidade de resposta

Calquera punto da costa estará a 25 minutos dun helicóptero de Salvamento, o que supón a metade do tempo de resposta do modelo inglés, considerado un dos mellores de Europa

Cunha maior tripulación e mellor formada aumentarase a eficacia e a eficiencia e os mariñeiros estarán máis seguros

Rosa Quintana anunciou que o 15 de xuño botará a andar o servizo de tripulación presencial as 24 horas do día na base de Vigo

Santiago, 10 de xuño de 2009.- O novo modelo de Salvamento da Xunta terá unha das capacidades de reposta mais rápidas de toda a Europa Atlántica. Os tempos resposta que se alcanzarán en Galicia serán a metade dos que por exemplo, se alcanzan en Inglaterra, onde o Servicio de Salvamento Marítimo está considerado un dos mellores de Europa.

A comparativa con Inglaterra ten senso xa que a costa galega, como a inglesa teñen a mesma clasificación, de resgo medio. Pero co proxecto do PPdG o Servicio de Salvamento con base en Galicia (formado polos helicópteros Pesca I e Pesca II con base en Vigo e Celeiro e o Helimer con base en Coruña) mellorarase nun 50% a cobertura dada polo servicio británico na súa costa.

Rosa Quintana anunciou que o 15 de xuño botará a andar a base de Vigo para prestar servicio as 24 horas do día con tripulación presencial. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, garantiu que co aumento dos recursos humanos mellorará o servicio aéreo de rescate no mar, de modo que calquera punto da costa estará a 25 minutos dun helicóptero de Salvamento, polo que o tempo de resposta en caso de accidente será menor que cunha nova aeronave.

A titular de Pesca anunciou hoxe no Parlamento as novas medidas que tomará o seu equipo en materia de Salvamento Marítimo para aumentar a súa eficacia e eficiencia. Así, incrementáranse tanto as tripulacións de Vigo e Celeiro, para que os pilotos estean operativos na base as 24 horas do día os 365 días do ano, como as súas horas de voo, de xeito que se adapten ó estipulado a nivel europeo.

As tripulacións contarán cun programa de adestramento exhaustivo para casos de rescate de persoas, dende a auga e dende balsa, en condicións sen visibilidade e a Consellería do Mar levará a cabo un programa de Calidade e Seguridade mediante a xestión e o control de operacións de emerxencia e adestramento.

Rosa Quintana defendeu que a decisión do seu equipo de dar marcha atrás á compra dun terceiro helicóptero de Salvamento responde a criterios técnicos e recalcou que “máis helicópteros sen pilotos non son necesarios”. Así, considera que un terceiro helicóptero non dará mellor servicio ó non reducirse a capacidade de resposta. A conselleira do Mar negou que as medidas tomadas sexan por criterios de austeridade económica, xa que se van a investir fondos en dotar ás bases de Vigo e Celeiro con mais efectivos.

A conselleira do Mar asegurou que “ningún punto da costa quedará desprotexido” e que a seguridade dos mariñeiros está garantida coas novas medias xa que unha tripulación permanentemente na base permitirá atender as emerxencias en menos tempo.

Exit mobile version