Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela pon en marcha actividades para nenos e mozos durante todo o verán

BURELA (FNC) .- As Delegacións de Benestar Social, Xuventude e Deporte organizan diversas actividades destinadas á mocidade e aos nenos a partires de tres anos durante os meses de xullo e agosto. Patinaxe, aeróbic, xogos tradicionais, batuka, fútbol sala, volei praia, baloncesto e fútbol 3×3 e obradoiros de macramé e motion grafics centran a programación da que poderán disfrutar desde a vindeira semana. Os interesados en participar poden inscribirse ata o venres na Casa do Concello, na Casa da Xuventude e na Biblioteca.

Na presentación de Apúntate ao verán 2009 a tenente de alcalde e responsables das delegacións organizadoras, Neves Cando, sinalou que “apostamos un ano máis polas actividades ao aire libre que tanto éxito tiveron o ano pasado. Actividades dirixidas a todas as idades e a todos os públicos. Así a partires do 6 de xullo e ata o 21 de agosto na praza do Concello desenvolveranse durante a semana e en horario de mañá actividades de patinaxe, aeróbic, batuka e xogos tradicionais. Teremos tamén deporte pola noite como torneos de baloncesto e fútbol 3×3 e na praia ofertamos fútbol e volei praia”.

A edil nacionalista engadiu que “o deporte completarase no mes de agosto coa carreira popular prevista para o 8 e o día da bicicleta que será o 22. Pero ademáis tamén ofrecemos para a nosa xuventude un obradoiro de motion grafics que será do 17 ao 19 de xullo e un obradoiro de macramé para xogar cos fíos e cos nudos que impartirá unha redeira de Burela e que terá lugar os xoves e os venres do mes de xullo para os nenos maiores de 8 anos”.

Neves Cando manifestou que “con estas actividades que se complementarán coa oferta cultural que xe temos pechada e que presentaremos en breve agardamos que a nosa xuventude, que os nenos e as nenas de Burela e os veciños da vila disfruten do verán no noso pobo con deporte, cultura e ocio para todos os gustos e todas as idades”.

Exit mobile version