NOTA DE PRENSA
A falta de compromiso do Executivo socialista de Zapatero é manifesta –segundo o respresentante da Xunta- probablemente porque non consideran prioritario garantir a seguridade e control das nosas costas fronte a acción das mafias, o narcotráfico ou os grupos de delincuencia organizada
BALSIERO LOGRA QUE A XUNTA DE GALICIA REALICE UNHA QUEIXA FORMAL ANTE O GOBERNO CENTRAL POLA FALTA DE DOTACIÓN DE EFECTIVOS DO SERVIZO DA GARDA CIVIL DO MAR
* O deputado popular lembra que en outubro de 2005 o subdelegado de Goberno en Lugo anunciou que dotaría de 30 efectivos a sede que o SASEMAR ten na nosa comarca.
* Catro anos despois de terse construída o Ministerio do Interior non estar a facer uso das instalacións sitas no porto deportivo de Viveiro.
A Mariña, 03 de xuño de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia (PPdeG) Jose Manuel Balseiro Orol trasladou á Comisión Institucional da Cámara autonómica a inquedanza da sociedade da Mariña despois de que a falta de dotación de efectivos na sede da Garda Civil do Mar en Viveiro estea a provocar unha situación es especial vulnerabilidade na nosa costa fronte a acción dos grupos organizados, narcotráfico e mafias. O parlamentario popular arrincou o compromiso da Xunta de Galicia que formulará unha queixa formal diante do Goberno central por esta situación. Así o explicou o director xeral de Relacións Parlamentarias Roberto Castro hoxe na Comisión Institucional da Cámara galega.
O representante da Xunta de Galicia cualificou de “manifesta” a falta de compromiso do Executivo socialista de Zapatero coa Mariña lucense e atribuíu dito desprezo a falta de rendibilidade electoral deste tipo de cuestións. Roberto Castro adiantou que desde o Goberno autonómico dirixiranse ao central para saber “cal é a causa que provoca este despropósito e que medidas teñen previstas para corrixilo”
Balseiro Orol lembrou que en outubro de 2005 o subdelegado de Goberno en Lugo anunciou que dotaría de 30 efectivos o servizo da Garda Civil do Mar. Uns gardas civís que nunca acaban por chegar ata A Mariña, deixando en precario os medios dispostos polo Executivo para a vixilancia e control da nosa costa.
Pese a levar construída máis de tres anos, e requirir unha inxente cantidade de fondos públicos procedentes do Concello de Viveiro, o Ministerio do Interior non está a facer uso destas novas instalacións da Garda Civil do Mar dispostas no peirao deportivo de Viveiro.