Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro interesase no Parlamento pola apertura do dique de Alcoa e pola Garda Civil do Mar

NOTA DE PRENSA
O Parlamento de Galicia acordaba o 16 de abril de 2008, a iniciativa do Grupo Popular e co respaldo unánime das forzas políticas, apoiar diante do Executivo de Zapatero o inicio das negociacións oportunas coa multinacional do aluminio para facer realidade esta obxectivo

BALSEIRO INTERÉSASE POLAS XESTIÓNS REALIZADAS POLA XUNTA BIPARTITA PARA FORZAR AO GOBERNO CENTRAL Á APERTURA DO DIQUE NORTE DE ALCOA

· O Executivo socialista central xa adiantou que non ten previsto desenvolver esta actuación pese a que existe un consenso unánime dentro da sociedade mariñá consciente das bondades de dispoñer dun novo porto comercial na nosa bisbarra.

· Balseiro Orol, promotor desta iniciativa, busca coñecer o grado de cumprimento do anterior Goberno galego respecto deste mandato parlamentario. O deputado popular tamén quere coñecer a posición dos actuais responsables da Xunta de Galicia ao respecto deste tema.

Pese a levar preto de catro anos construída, e ter prometida a súa apertura a finales do ano 2005, o Goberno socialista de Zapatero négase a dotar de persoal a sede que o servizo marítimo da Garda Civil ten no porto de Viveiro

BALSEIRO PULSA O PARECER DA XUNTA RESPECTO DA SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE DA COSTA MARIÑÁ POLA INOPERATIVIDADE DO SERVIZO DE GARDA CIVIL DO MAR

· O deputado popular quere saber se o Executivo autonómico ten previsto desenvolver algún tipo de queixa formal ante o Ministerio do Interior como consecuencia desta situación.

· A asociación profesional de Cabos e Gardas da Garda Civil (APGC) puxo de relevo a debilidade dos servizos de seguridade e vixilancia dispostos na franxa costeira norte galega.

· O debate sobre a precariedade destes servizos trasladouse tamén aos distintos concellos da Mariña e ás Cortes Xerais, a iniciativa do PP.

Exit mobile version