Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro intermedia na “problemática xurdida pola imposibilidade de realizar autopsias no Hospital da Costa”

NOTA DE PRENSA

O deputado popular explica que a situación actual é transitoria debido á dificultade de cubrir a vacante de dous prazas de forenses que aprobaron o exame do MIR e abandonaron o servizo na nosa provincia

BALSEIRO XESTIONOU UNHA ENTREVISTA ENTRE O DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA E AS EMPRESAS FUNERARIAS MARIÑÁS PARA AXILIZAR A SOLUCIÓN ANTE A PROBLEMÁTICA DAS AUTOPSIAS

•    A cita terá lugar o martes 16 de xuño, ás 12.00 horas na sede deste organismo en Santiago de Compostela.

•    Balseiro é optimista e entende que, como se trata dunha situación excepcional, unha vez cubertas as prazas dos facultativos de medicina legal, recuperarase o servizo no Hospital da Costa.

A Mariña, 10 de xuño de 2009.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol intermediou para dar solución á problemática xurdida pola imposibilidade de realizar autopsias no Hospital da Costa de Burela. De feito xestionou unha entrevista entre o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, e representantes das empresas funerarias da Mariña lucense que terá lugar o  vindeiro martes 16 de xuño ás 12.00 horas na sede deste organismo en Santiago de Compostela. Na cita tamén aproveitarán para abordar outros asuntos de interese para as empresas funerarias.

Balseiro Orol interesouse por esta cuestión e explicou que a situación actual, que obriga ao traslado dos cadáveres que precisan da realización dunha autopsia ata o Hospital Xeral de Lugo, é transitoria e vén motivada pola vacante das dúas prazas de forenses no hospitais da provincia , “pois estes facultativos tras aprobar o exame do MIR abandonaron o servizo e agora debe iniciarse o procedemento de cobertura das prazas. Algo que leva o seu tempo pola dificultade de atopar candidatos interesados nas mesmas”

En todo caso, Balseiro Orol comprométese a traballar para que desde a nova administración autonómica desenvolvan a cobertura das prazas vacantes e a recuperación das autopsias na Mariña á maior brevidade posible e con carácter urxente. Lembra que a súa formación política foi liderou a ofensiva para denunciar as problemáticas que o traslado dos cadáveres provoca ás familias dos falecidos cando no seu momento a anterior Xunta de Galicia decidiu unilateralmente e de xeito permanente centralizar as autopsias na capital provincial. O deputado popular lembra que hai boa disposición para solucionar a problemática e que o caracter excepcional da situación actual permite ser optimista.

Exit mobile version