Na xornada de hoxe tamén se estudou a conectividade e a accesibilidade ós núcleos urbanos. Unha vez abordadas estas cuestións someteuse a debate as actuacións previstas no Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte e no Plan Sectorial de Estradas de Galicia levado a cabo pola Xunta de Galicia. Procedeuse á análise de como se realiza a conservación e explotación da infraestrutura viaria, os problemas que se presentan, carencias e as posibles melloras. Tamén se trataron as formas de xestión de cada Administracións. Finalmente, abordouse a seguridade vial, as melloras obtidas neste campo nos últimos anos.
Equipamentos sociais e solo industrial
O xoves celebraranse as mesas sectoriais de “Servizos e Equipamentos Sociais” e de “Solo Industrial”, como parte da elaboración do Plan Estratéxico da provincia.
No primeiro caso, destacarase que Lugo atópase en niveis semellantes a Ourense, apreciándose diferenzas coas provincias da Coruña e de Pontevedra, debido ós niveis de poboación existentes. Neste senso, as zonas da provincia con mellores servizos son a zona centro e a zona norte. Para elaborar a diagnose recolléronse informacións indirectas como as actividades de restauración e bares, entidades de crétido ou número de teléfonos e liñas de
banda ancha, e información directa como servizos de recollida e lixo, recursos sanitarios, de educación, de cultura e recreo. A xornada de traballo dará comezo ás 12:00 horas.
En canto á de solo industrial, que se iniciará ás 17:00 horas, explicarase que Lugo é a provincia galega de menor dotación. Na actualidade existen 2.175.766 m2 de solo industrial. Así mesmo, están vendidos 883.765 m2 nos parques operativos, o que representa máis do 62% do total, aparecendo como superficie industrial libre 503.261 m2. Se incluímos os polígonos en execución e os que se atopan en trámite de realización arroxan un total de case 5 millóns de metros cadrados de solo industrial dispoñibles para a industria nos vindeiros anos.
Esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global. Trátase dun documento importante porque recollerán a realidade desta provincia e os seus retos de cara o futuro. Está previsto que o documento estea rematado no mes de agosto.