O Bloque Nacionalista Galego de A Mariña renovará a súa executiva comarcal nunha asemblea de afiliados que se celebrará sábado ás cinco e media da tarde. O actual responsable comarcal do BNG, Xosé Ramón Ermida, non se presenta á reelección. Segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña, está previsto que haxa tres candidaturas, que encabezarán o barreirense Antonio Veiga, o ribadense Farruco Graña e o mindoniense Xusto Fernández Haro. Un deles será o novo responsable comarcal do Bloque a partir do sábado.
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Relacionado
-
Ameijide: “Nos tres primeiros meses do ano xa se tramitaron 21 reclamacións por danos en vehículos nas estradas da Deputación”
-
O PP de Vilalba denuncia o “deplorable estado de abandono” da nave dos Freires e a canceira municipal
-
O Concello de Cervo destaca o comportamento encomiable dos traballadores de Sargadelos na resolución do conflito