NOTA DE PRENSA:
O BNG DA MARIÑA RENOVA O SEU MÁXIMO ÓRGANO DE DIRECCIÓN COMARCAL
Antonio Veiga Outeiro resultou elixido polo asemblea de militantes como novo Responsábel Comarcal na Mariña
A organización está preparada xa para encetar unha nova xeira co horizonte postos nas próximas eleccións municipais
A Mariña, 27 de xuño de 2009. A asemblea de militantes do BNG da comarca da Mariña elixiu na tarde de hoxe novo responsábel comarcal a Antonio Veiga Outeiro, acompáñano na novo Consello Comarcal, Xoán Antón Estúa García, Elvira Arias Sante, Susana Riveira Fernández, Federico Gutiérrez Estóa, Ana Ermida Igrexas, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, Pilar Fernández Méndez, Xosé Ramón Ermida Meilán, Anxo Martínez Pérez, Xoán Carlos González Basanta, Luisa González Rodríguez, Ivan Marrube Rodríguez, Farruco Graña Rama, Inma Orol Janeiro, Nestor Veiga Blanco, Antonio Blanco López, Xusto Fernández Haro, Mónica Amado Branco e Manuel Orlando González Cruz.
Este Consello Comarcal completarase cos representante que nomeen as Asembleas locais das localidades da organización territorial na Mariña.
Representarán á Mariña no Consello Nacional do BNG, Antonio Veiga Outeiro, Xoán Anton Estúa García e Farruco Graña Rama.
Este asemblea pecha na comarca o proceso aberto dentro da organización nacionalista do pasado 10 de maio na Asemblea Nacional.
“O BNG está preparado para dar resposta á crise económica poñéndose do lado de aqueles que mais a están a sufrir, o BNG estará tamén sempre en primeira liña na defensa do noso idioma. E tendo no horizonte as eleccións municipais, os nacionalistas entendemos que nun contexto de crise económica, a sociedade agarda solucións que en ningún caso deben vir da man de receitas xa postas en practica por aqueles partidos que defenden o modelo que provocou esta crise. Por tanto o BNG seguirá incidindo na interlocución coa sociedade, traballando con todos os sectores a pé de campo”, afirmou o portavoz comarcal do BNG, Antonio Veiga.
Por iso os nacionalistas consideran necesario incrementar a presenza nos concellos dunha organización como o BNG que sempre fixo e fai políticas transformadoras para a sociedade dende os gobernos municipais.