Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela manda ao alcalde e a dous concelleiros a recoller Bandeiras Azuis

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras e Medio Ambiente, Pascual Doménech e Lucía Bouza, asistirán mañá pola tarde na localidade coruñesa de Miño ó acto de recollida das bandeiras azuis que recibiron as praias do municipio. Son as de A Marosa, Ril, Portelo, o barco museo Reina del Carmen e a Aula Medio ambiental Gaia. O rexedor sinala que “son moi meritorias para o noso concello e veñen a dicir que as nosas praias e as nosas actividades sempre teñen en conta o medio ambiente”.

Llano lembra que “a praia de Ril conseguiu por primeira vez a bandeira azul o ano pasado debido ás obras de mellora que alí acometemos, o que nos fai sentir especialmente orgullosos. E renovamos tamén as outras”.

O alcalde de Burela subliña que “as praias de Burela estarán vixiadas por 10 socorristas a partires do vindeiro 1 de xullo e os areais estarán listos para o seu disfrute polos nosos veciños e polos que se acheguen a visitarnos. Nos vindeiros días procederemos a realizar as probas de selección deste persoal”.

Exit mobile version