XOVE .- Onte, mércores 3 de xuño, 30 nenos/as pertencentes a 3º e 4º Cursos do CEIP Pedro Caselles Rollán participaron nunha AULA VERDE organizada pola Asociación de Mulleres “Bolboretas” de Xove, actividade que contou tamén coa colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán e o Concello de Xove.
A actividade consistiu en facer parte do percorrido (uns 6 quilómetros) do SENDEIRO CIRCULAR MONTE PAU DA VELLA, ruta aberta en abril do pasado ano. Na mesma os nenos/as tiñeron a oportunidade de coñecer a flora e a fauna da zoa, recolleron follas das árbores e trataron de identificar pegadas dos animais, recoñecer animais, etc.
Os nenos/as estiveron acompañados por varios membros da Asociación, profesores do CEIP e a Concelleira de Agricultura do Concello Dolores Meitín.
