Na súa intervención Antonio Veiga a importancia “de manter vivo este patrimonio inmaterial que forma parte da historia da literatura e da oralidade galega”. Vinculada á literatura oral está a lingua galega e a música tradicional de Lugo e, concretamente, da comarca da Mariña, asegurou o nacionalista. Ao remate do seu discurso, o delegado da Área de Cultura da Deputación salientou que dende esta institución, concretamente dende a área que el dirixe, se está a traballar en prol do mantemento e consolidación do patrimonio inmaterial existente en todas as comarcas lucenses. Un labor ao que contribúe MariñaPatrimonio poñendo ao dispor da sociedade un “anaco da historia da literatura oral desta zona”.
Pola súa banda, o presidente de MariñaPatrimonio, José Luis Rodríguez Guerreiro, detallou os contidos das catro conferencias. O venres 12 de maio, o Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acollerá, ás 20:00 horas, a primeira das conferencias titulada “A literatura oral na canción galega” da man de Baldomero Igrexas (Mero) e Xosé Luis Rivas (Mini). O 19 e 26 de maio, á mesma hora, a Casa das Letras de Ribadeo e a Libraría Bahía de Foz acollerán os relatorios “Guía da narrativa oral” e “Mitos e monstros da Mariña” de Xosé Miranda e Antonio Reigosa, respectivamente. A última das xornadas terá lugar o venres 10 de xullo no Salón de Actos do Castelo do Castro de Alfoz grazas á participación no ciclo de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón coa súa disertación titulada “Polo país do Valadouro: xigantes, mouras, ninfas, demos e santos.”