LUGO .- A Deputación sorteará 24 viaxes en helicóptero entre as persoas que acudan ó stand de Km0 Xtreme, que estará na praza Maior de Lugo durante o “Arde Lucus”. Os gañadores poderán ir cun acompañante nestas viaxes que sobrevoarán a cidade de Lugo dentro dunha ruta especial que se celebrará o 16 de setembro. As 48 persoas que se beneficien desta iniciativa non terán que aboar os 50 euros que custa esta actividade, unha das poucas polas que hai que pagar dentro do Km0 Xtreme.
No posto, que estará ubicado nun lateral da Casa Consistorial, repartiranse folletos informativos sobre o programa de visitas Km0 e, moi especialmente, sobre a nova oferta desta iniciativa promovida pola Deputación denominada Km0 Xtreme. Son 14 novas rutas que poñerán en valor as Reservas da Biosfera a través do deporte e a multiaventura. Delas, 11 son de balde: “De Campamento”, “Na Diana”, “Oriéntate!”, “A Cabalo”, “Lánzate!”, “BTT”, “Globo Cautivo”, “Colle a Onda!” e “Móllate!”.
Ademais, hai tres rutas de pago que desenvolverán empresas asentadas na provincia de Lugo. A Diputación poñerá en contacto ós solicitantes con devanditas empresas para que poidan practicar deportes e multiaventura como: Submarinismo (139 euros); “Englóbate!” (175 euros para a viaxe de 1 hora e de 278 para a de 3) e “Lugo Aéreo”, voos de 15 minutos en helicóptero,(50 euros).
No posto, que estará aberto de venres a domingo, informarase a todos os interesados o procedemento para apuntarse. Deberán entrar na web: www.km0.deputacionlugo.org e descargar a folla de inscrición. Unha vez cuberta, deberán enviala á dirección de correo electrónico km0@deputacionlugo.org, por fax ó 982 26 01 70, ou por correo ordinario ó Servizo de Protocolo (rúa San Marcos 8, 27001 Lugo).