Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación ofertará un servizo de asesoramento integral aos concellos

LUGO .- A Depuatación avaliará os datos persoais nos concellos a través dunha auditoría contratada, según comunicou o deputado de cooperación cos concellos, Antonio Gato, asemade a Deputación presentará ás administracións locais o novo servizo de asesoramento integral aos concellos.

NOTA DE PRENSA

A Deputación contratou unha auditoría para avaliar a  xestión de datos persoais nos Concellos
– Antonio Gato fixo este anuncio durante a presentación do Primeiro Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos, que se celebrará o vindeiro luns no Pazo de San Marcos
– A Deputación presentará ás Administracións Locais o novo servizo de asesoramento integral ó Concellos

O  Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, anunciou este mércores o I Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos que se celebrará o vindeiro 15 de xuño, e no que se presentará ós Alcaldes e técnicos municipais o novo servizo integral de asesoramento ás Entidades Locais. “Este encontro é un claro exemplo de que estamos reinventando a Deputación cun único obxectivo: ser útiles e eficaces para acadar o progreso da provincia”.

Ata o de agora, “na Deputación partíamos case de cero, xa que só se prestaba asistencia en suizos, que non é o mesmo que asistencia xurídica”. Segundo apuntou Gato Soengas, o novo servizo estará dividio en tres grandes áreas: xurídica, económico-financieira e técnica. Esta última, estará integrada pola asistencia urbanística, novas tecnoloxías, xestión administrativa, xestión de recursos humanos, patrimonio, expropiacións, medio ambiente, arquivo e protocolo, ademais do desbroce das estradas e o Parque Móbil, “que antes estaba desmantelado e, en tan só este ano, temos tres novos equipos para atender ás estradas da provincia”.

“Deste xeito, non só prestamos asesoramento desde a Área de Coopración, senón que conseguimos que todos os departamentos da Deputación presten o seu apoio ós Concellos da provincia, ata o punto de que para efectivizar o proceso poderán facerse consultas en liña. Deste xeito, a de Lugo colócase na mesma posición que outras Deputacións que desde hai tempo xa contan con este servizo”.

Protección de datos
O Deputado apuntou que “desde a toma de posesión do actual goberno, a cooperación é o eixo de todas as políticas da Deputación, ata o punto de que o 90% do que facemos é cooperación cos Concellos. Neste senso, anunciou dúas novas actuacións, por unha banda, “a Deputación contratou unha auditoría para avaliar a xestión e protección de datos persoais en cada un dos Concellos da provincia” e, por outra, a convocatoria dun concurso “para xestionar conjuntamente a recadación catastral, que ata o de agora os Concellos facían de xeito individual; con esta nova prestación que ofrece o organismo provincial, os municipios aforrarán cartos”.

O encontro do luns, o primeiro destas características que se desenvolve na Deputación, está destinado fundamentalmente a Alcaldes da provincia, técnicos municipais, secretarios, interventores, tesoureiros e demais traballadores da administración local e provincial, aínda que será de entrada libre.

Tamén participarán o Presidente da Deputación de Barcelona, Antonio Fogué Moya, e de Laia Claverol Torres, coordinadora de concertación e asistencia local da administración catalana. “Será, por tanto, unha oportunidade perfecta e única para compartir experiencias coa administración de Barcelona, unha das máis punteiras de España na Cooperación”, dixo Gato Soengas

Exit mobile version