BURELA .- A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, “preside o acto de presentación” de José Carlos López Somoza, como novo xerente do Hospital da Costa de Burela. O acto terá lugar o venres, día 5, no salón de actos do centro sanitario e estarán presentes a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias Rodríguez, e a xerente do Servizo Galego de Saúde, Rocío Mosquera Álvarez.
Nota de Prensa
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, preside o acto de presentación de José Carlos López Somoza, como novo xerente do Hospital da Costa. No acto estarán presentes, así mesmo, entre outras autoridades, a delegada territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias Rodríguez, e a xerente do Servizo Galego de Saúde, Rocío Mosquera Álvarez. Salón de actos do Hospital da Costa.