Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de mulleres Bolboretas de Xove organiza unha “aula verde” para escolares

XOVE .- O próximo mércores 3 de xuño 30 nenos/as pertencentes a 3º e 4º Cursos do CEIP Pedro Caselles Rollán van participar nunha AULA VERDE organizada pola Asociación de Mulleres “Bolboretas” de Xove, actividade que conta tamén coa colaboración do CEIP Pedro Caselles Rollán e o Concello de Xove.

A actividade vai consistir en facer parte do percorrido (uns 6 quilómetros) do SENDEIRO CIRCULAR MONTE PAU DA VELLA, ruta aberta en abril do pasado ano. Coa mesma preténdese que os nenos/as coñezan a flora e a fauna da zoa. Aos rapaces van darlles unhas fichas, e durante o paseo teñen que recoller follas das árbores que veñen nas fichas co fin de identificalas. Tamén van tratar de identificar pegadas dos animais, recoñecer animais, etc.

Comezarase ás 10:00 horas, cando un autobús vai recoller aos participantes, os cales van estar acompañados por varios membros da Asociación e profesores do CEIP.

Exit mobile version