CERVO .- A asociación de Nais e Pais de Alun@s do CEIP de Cervo convocou unha concentración diante do centro, o mércores día 3, co fin de trasladar a Conselleria de Educación “a nosa desconformidade ante o seu proceder”. A ANPA e contraria “as medidas que a Consellería de Educación está a levar a cabo suprimindo prazas de profesorado, dúas no Ceip de Cervo, e manifestando a través da inspectora de educación un posible agrupamento de aulas, con alumnos de diferentes idades, xustificando estas medidas pola escasa matriculación”
Comunicado da Asociación de Nais e Pais de Alun@s do CEIP de Cervo
Ante as medidas que a Conselleria de Educación está a levar a cabo suprimindo prazas de profesorado ( duas no Ceip de Cervo) e manifestando a través da inspectora de educación un posible agrupamento de aulas, con alun@s de diferentes idades, xustificando estas medidas pola escasa matriculación, desde a ANPA queremos manifestar:
1. a nosa sorpresa ante a aplicación dunha nova politica educativa, sen a información e consulta aos axentes implicados no ambito da educación.
2. a nosa defensa por un ensino público de calidade. Como nais e pais de alun@s do colexio de Cervo, somos conscientes das consecuencias que estas medidas terian no noso centro: a perdida de profesorado (tres tutores, profesores de apoio a alunos con necesidades educativas especiais, profesorado especialistas, horas de tutoria..), a eliminación de tres aulas, a supresión de proxectos educativos e innovadores no campo da educación, o agrupamento de alun@s de diferentes idades imposibilitando unha atención educativa adecuada a sua idade.
3. o noso dereito a coñecer cales serán as medidas adoptadas pola Consellería para o próximo curso 2009-2010 antes do remate do curso actual.
Por todo isto dende a A.N.P.A. queremos trasladar a Conselleria de Educación a nosa disconformidade ante o seu proceder, xa que entendemos que estas medidas afectan directamente á calidade do ensino dos nosos fillos, sendo estes os máis directamente afectados.
Convocamos a unha concentración este mércores 3 de Xuño, ás 15.30h., diante do colexio de Cervo por todo o exposto, como primeira medida ante a situación xenerada polas autoridades educativas.