Site icon Crónica3.com A Mariña

Cincoenta e sete anos de experiencia

Fixenlle cóxegas á miña filla e aos meus netos só para que deixasen de chorar, queimeime xogando cunha vela, fixen un globo cunha goma de mascar chamado tamen “chicle” e pegóuseme en toda a cara, falei co espello, xoguei a ser bruxo, quixen ser astronauta, violinista, mago, cazador, e trapecista, escondíme detrais da cortina e deixei esquecidos os pés fóra, corrín polo timbre do teléfono, estiven baixo a ducha ata mexarme.
Xa roubei un bico, confundín os sentimentos, tomei un camiño errado e sigo andando no descoñecido. Xa raspei o fondo da pota onde se cociñou o doce, xa me cortei ao afeitarme moi apurado e chorei ao escoitar determinada música nun trasporte publico.
Xa tratei de esquecer algunhas persoas e descubrín que son as máis difíciles de esquecer.
Xa subín ás agachadas á azotea para agarrar estrelas, xa subín a unha árbore para roubar froita, xa caín por unha escaleira. Xa fixen xuramentos eternos, escribín o muro da escola e chorei sentado só no piso do baño por algo que me pasaba, xa fuxín da miña casa para sempre e volvín ao instante seguinte.
Xa corrín para non deixar a alguén chorando, xa quedei só en medio de mil persoas sentindo a falta dunha soa. Xa vin poñerse o sol e cambiar ao rosado e ao alaranxado, xa me tirei á piscina e non quixen saír máis, xa tomei whisky ata sentir os meus labios durmidos, xa mirei a cidade, a vila, o pobo dende arriba e nin aínda así encontrei o meu lugar.
Xa sentín medo da escuridade, xa tremín polos nervios, xa case morrín de amor e renacín novamente para ver o sorriso de alguén especial, xa espertei no medio da noite e sentín medo de erguerme.
Xa apostei a correr descalzo pola rúa, berrei de felicidade, roubei rosas nun enorme xardín, xa me namorei e crin que era para sempre, pero era un “para sempre” pola metade.

Xa me deitei no pasto ata a madrugada e vin cambiar a lúa polo sol, xa chorei por ver amigos partir e logo descubrín que chegaron outros novos e que a vida é un ir e vir permanente.
Foron tantas cousas que fixen, tantos momentos fotografiados pola lente da emoción e gardados nese baúl chamado corazón.
Ahora, hoxe que cumpro 57 anos, que me miro o espello e non me coñezo, que me sinto moito mais novo metido en un corpo mais vello, pregúntome, bérrome dende o papel: Cal é a miña experiencia? Esa pregunta ronronea no meu cerebro, experiencia…
Experiencia… Será que cultivar sorrisos é experiencia? Non, talvez non sepa aínda ver os sonos. Agora gustaríame preguntarme encol da Experiencia?
Quen a ten se a cada momento todo se renova???

Exit mobile version