Site icon Crónica3.com A Mariña

50 mocións en dous anos do PP de Burela

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela presentou máis de cincuenta mocións en dous anos.

Raquel Río e Bruno Pedre afirma que se levaron a pleno asuntos que afectan directamente ós cidadáns.

A través de mais de cen preguntas, levaron ó pleno asuntos da vida diaria dos veciños.

O GMPP de Burela presentou durante os dous anos de bigoberno burelés un total de cincuenta e cinco mocións dirixidas ó pleno da corporación, todas elas referidas a asuntos que teñen que ver directamente co desenvolvemento de todos ou algún dos sectores socioeconómicos de Burela e en moitos casos directamente coa calidade de vida dos propios veciños e veciñas de Burela, segundo manifestou o PP local a través dunha nota de prensa de Raquel Río e Bruno Pedre, portavoces do comité local do partido.

Río e Pedre aseguran que os plenos do concello caracterízanse pola ausencia de asuntos e proxectos que partan do alcalde ou do seu bigoberno, polo que é o Partido Popular o que leva a pleno aqueles temas que realmente afectan ó cidadán: baixada da contribución urbana; evitar descenso dos prezos do bonito e da pescada; axilización de axudas a armadores pola paralización da flota; creación de paquetes de axudas e ampliación das axudas de emerxencia social para os sectores máis desfavorecidos por culpa da crise; petición de inclusión de actuacións en Burela nos presupostos da Xunta e do Estado; maior atención da Deputación ó concello de Burela; retrasos na entrega das vivendas sociais do Torno; son alguns dos cincuenta e cinco asuntos que o PP levou a pleno a través de mocións.

Por desgracia, segundo os dous portavoces do comité local do PP, o bigoberno votou en contra do noventa por cento das mesmas, na maior parte dos casos por seren presentadas polo PP. Pero sen dar alternativas, o que é máis grave ainda.

Igualmente, o Grupo Municipal do PP presentou, en todos os plenos ordinarios, un mínimo de cinco/seis preguntas, en total máis de cen, todas elas sobre asuntos que teñen que ver coa vida diaria do concello e dos cidadáns: problemas de pequenas obras, problemas na posta en marcha de alumiados, problemas de vertedeiros incontrolados, problemas de ausencia de limpeza e de atención na rede viária da Deputación, son unha mostra dos asuntos que se levaron a pleno a través de preguntas.

Todo esto demostra, segundo Raquel Río e Bruno Pedre, que o Grupo Municipal do PP está a traballar con rigor desde a oposición, para non só controlar e criticar ó bigoberno, que o está facendo rematadamente mal, senón para aportar ideas, suxerencias, e introducir temas de debate que axuden a millorar a calidade de vida dos nosos cidadáns e dinamizar a vida socioeconómica do noso concello. Todo esto é constatable polas persoas que acuden ós plenos do concello.

Os portavoces populares aseguran que o traballo parte non só do propio Grupo Municipal, senón tamén do Comité Local do partido, que se reúne sempre con carácter previo os plenos, para aportar ideas e suxerencias.

Finalmente, Raquel Río e Bruno Pedre afirman que o PP seguirá por esta liña: de crítica do que está mal feito, pero tamén de presentación de propostas. Ninguén pode negar que o PP non traballa, os datos das mocións e das preguntas están nas actas dos plenos, e son unha realidade que contrasta con que PSOE e BNG só presentaron dúas mocións en dous anos.

Exit mobile version