Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de convivencia no Centro San Aníbal de Burela con centros de menores da diocese de Mondoñedo

BURELA .- O Centro San Aníbal de Burela organiza unha xornada de convivencia cos centros de menores de iniciativa social que se atopan situados na Diocese de Mondoñedo Ferrol, en concreto, Dignidade de Ferrol, María Inmaculada do Barqueiro, Inmaculada Nena de Viveiro e Fogar a de Muimenta, xunto cos menores do propio Centro San Aníbal.

Coincidindo con esta xornada de convivencia a nova Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, visitará o Centro San Aníbal, compartirá distintas actividades cos menores, terá un breve atopo-presentación cos directores destes centros e ás 17 horas no propio Centro asistirá á rolda de prensa de presentación dun DVD sobre o traballo que desenvolve o San Aníbal en Burela.

PROGRAMA XORNADA 23 DE MAIO

• 10:45 horas:
o Acollida, pequeno refrixerio e reparto de agasallos.
• 11:00 horas:
o Xogos de presentación.
• 11:30 horas:
o Obradoiro de globoflexia Grupo 1
o Obradoiro de globoflexia Grupo 2
o Obradoiro de caracterización Grupo 3
• 12:45 horas:
o Xogos de animación infantil Grupo 1
o Xogos cos hinchables Grupo 2
o Karaoke Grupo 3
Os grupos 1 e 2 rotarán nas súas actividades  
• 14:00 horas:
o Xantar
• 15:30 horas:
o Grupo 1: xogos psicomotores: tente xigante, pelotas xigantes…
o Grupo 2: xogos alternativos e predeportivos: tres X tres, disco voador, malabares, …
o Grupo 3: na praia de A Marosa (se o tempo o permite) ginkanas ou rastro do tesouro.
• 17:15 horas:
o Como remate da xornada, Show do contacontos, para todos os grupos.
• 18:30 horas:
o Merenda e agasallos.
• 19:00 horas:
o Remate e volta para a casa.

Exit mobile version