Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares con maioría absoluta, di o PSOE de Cervo, único alcalde incapaz de presentar os presupostos

Nota de Prensa

Villares con maioría absoluta, o único alcalde incapaz de presentar os Presupostos Municipais

Cervo segue paralizado ao carecer de presupostos, e aparece como o Concello mais endebedado da Mariña

O alcalde de Cervo convocou un pleno para o próximo mércores, día 13, pero no orden do día non hai nin rastro dos presupostos municipais. O Concello de Cervo traballa co presuposto prorrogado do ano 2007, o que a efectos prácticos significa que non se poden destinar cartos a obras e subvencións, e dicir que vivimos da “caridade” doutras administracións cunha parálises municipal.
O Concello mais endebedado da Mariña
Alfonso Villares, aparte de alcalde é o responsable de economía e facenda dende fai moitos anos, e á vista dos resultados que se desprenden da memoria do Ministerio de administracións públicas, Cervo é o Concello mais endebedado da Mariña e o terceiro da provincia de Lugo, polo que o alcalde ten unha responsabilidade ineludible nestes feitos.
Malos augurios
Que un Concello coma Cervo, gobernado polo PP con maioría absoluta non sexa capaz de sacar adiante os presupostos municipais danos é un caso canto menos preocupante, posto que pode significar que as contas no cadran, e parte do problema podería residir nun desaxuste nos ingresos e gastos, coma consecuencia da firma do Convenio dos Constructores, que non foi ingresado na súa totalidade, estando pendente de cobro 1,3 millóns de euros.
Villares incumpre o prazo dado aos traballadores
O alcalde comprometeuse por escrito en presentar os presupostos no 2008, atendendo as reclamacións do comité de empresa, que depende dos Presupostos  Municipais para que se atendan as súas demandas laborais e salariais. Unha vez mais Villares incumpre a súa palabra.

Dedicación exclusiva a vaguear

Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo, non entendemos a que dedican o tempo os Concelleiros do PPdeG, pero dende logo, á vista dos acontecementos a gobernar e xestionar Cervo está claro que non. Ata agora tiñan a “desculpa barata” de votarlle a culpa a Touriño e o Bipartito pero ese “choio” acabouse, e agora toca levantar o cu da cadeira e poñerse a traballar.

Exit mobile version