FOZ.- Do 20 ao 24 de xullo vaise celebrar en Foz o VIII Curso de Verán da Historia da Educación. O tema de este ano será “Infancia e escola na Historia do Cine”. Esta actividade ten o valor de 2 créditos de libre configuración para os estudantes universitarios e está homologada pola Consellería de Educación como puntuable en horas de formación para mestres e profesorado de secundaria. O curso está organizado pola Universidade de Santiago, coa colaboración do Concello de Foz es Consellerías de Educación e Turismo.
Ábrese o prazo de matrícula por internet a partir do 25 de maio e de forma presencial a partir do 15 de xuño, rematando o prazo o 10 de xullo. O importe da matrícula terá unha taxa xeral de 120 euro e unha taxa reducida para estudantes universitarios de FP e persoas desempregadas de 70 euros.
Para unha maior información poden dirixirse ao Campus de Compostela: tel. 981 56 31 00, extensións 11018 e 11103. Tamén ao Campus de Lugo: Tel.- 982 28 59 00, extensión 21513