Site icon Crónica3.com A Mariña

Ve o PP de Burela falla de interese e carencia de auténtica política social

NOTA DE PRENSA

O PP afirma que o bigoberno burelés carece de unha auténtica política social.
Consideran que non aportaron nada que non se estivera facendo na etapa do PP.
Os populares lamentan a falla de interese do alcalde e de Nieves Cando.

O PP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que o bigoberno burelés carece dunha auténtica política social porque todo o que están facendo está, dun xeito ou de outro, baseado no traballo da etapa do Partido Popular no goberno municipal, etapa que para PSOE e BNG foi nefasta ainda que eles seguen sen aportar nada novo.
Segundo o PP burelés, a fiscalidade municipal non beneficia ós máis desfavorecidos: non hai ningún tipo de rebaixa de impostos municipais para os maiores, para os parados, ou para os dependentes. O PP pediu unha liña de axudas desde o concello para os maiores, parados e dependentes, e atopouse coa negativa do alcalde e de Nieves Cando.
Para os populares, tampouco hai un esforzo de cara ós diminuidos, porque o proxecto de Centro de Formación Ocupacional de diminuidos está paralizado desde a chegada do bigoberno ó concello. Igualmente, as obras do Centro de Día de Discapacitados xa se proxectaron na etapa do PP e ainda non remataron, perdendo a oportunidade de facelo con cargo ó Fondo de Investimento Municipal.
No que se refire ós maiores, o Bloque fixo unha reforma desastrosa na Casa da Tereira Idade, derrochando máis de cento sesenta millóns das antigas pesetas para cabrear ós internos e ós traballadores. E o mesmo BNG, en catro anos na Xunta, non foi capaz de abrir o Centro de Día da Casa da Terceira Idade.
O PP afirma que segundo Nieves Cando, os dous grandes logros son as axudas para libros e o programa de Xantar na Casa. As axudas para libros xa as había na etapa do PP, por certo, bastante máis xustas cas de agora, porque se concedían en función da renta. E no que toca ó programa de Xantar na Casa, o concello negouse a aportar máis cartos para millorar a calidade da comida.
Polo tanto, os populares afirman que o interese de Nieves Cando e o alcalde nas políticas sociais é máis ben escaso, dado que están máis interesados en abonar facturas de colectivos cun certo potencial económico ca en apostar polos máis desfavorecidos, como son os maiores, os parados e os dependentes.

Exit mobile version