Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha revista especializada fai referencia “extensa e precisa” a Burela, asegura o edil de Turismo

BURELA (FNC) .- Burela aparece como noticia destacada na edición do mes de maio da revista Navegar na sección denominada Aula del mar. O delegado de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, di que “se fai referencia ao noso concello de forma extensa e precisa”.

O edil nacionalista sinala que “como consecuencia das xestións feitas dende as Delegacións de Turismo e Cultura do Concello de Burela así como da remisión dos soportes necesarios ven de publicarse unha ampla información distribuida en catro páxinas na destacada revista Navegar vencellada primordialmente á nosa historia, á cultura e ao turismo, destacando significativamente o barco museo Reina do Carme que determina o titular da sección Aula del Mar da señalada revista”.

José González Legazpi engade que “logo de estar presentes en Bélxica con gran aceptación segundo se nos manifesta por parte dos responsables do CEIP Vista Alegre desprazados naquela cidade por cuestións formativas e tamén como embaixadores do noso concello, Burela  resulta agora referente informativo na prestixiosa revista Navegar. Toda a divulgación posible de ámbito turístico, cultural e gastronómico do noso concello posibilitará maiores condicións de recoñecemento de Burela como destino turístico e cultural favorecendo por tanto o noso desenvolvemento socioeconómico”.

Exit mobile version